Bolsas para sufragar gastos relacionados con medidas terapeúticas
Desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago sacan unha convocatoria de bolsas destinadas a sufragar os gastos relacionados con medidas terapeúticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal dos e das menores de Santiago.
Contémplanse dúas modalidades de bolsas:
- Unha destinada a financiar os gastos de tratamentos como logopedia, fisioterapia, atención psicolóxica, terapia ocupacional ou atención temperá para abordar trastornos da aprendizaxe, a conduta ou a linguaxe. Estas axudas, serán do 90% do gasto total realizado ata un máximo de 1.200 euros anuais.
- A outra modalidade de axudas ten o obxectivo de contribuír a afrontar o sobrecusto que supón para as persoas celíacas o mantemento dunha dieta sen glute. A axuda será un importe fixo de 1.200 euros por menor beneficiario, para acceder a esta bolsa só é preciso acreditar a enfermidade celíaca mediante un informe profesional.
Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas menores de idade que estean empadroadas en Santiago e que non superen unha renda familiar anual de 5 veces o IPREM en 12 pagas (36.000 euros anuais)
Axudas Concello 26-27
Información sobre a convocatoria de bolsas para comedor, material escolar e actividades extraescolares para o próximo curso
Axuda Xunta comedor escolar 26-27
Información sobre a concesión da Xunta de Galicia dunha axuda económica ás familias usuarias dos comedores escolares para o próximo curso
Axudas servizo taxi persoas con dificultades de mobilidade
Información sobre a convocatoria do Concello para axudas individuais para o uso do servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade para o 2026
Axudas para libros de texto e material escolar
Información sobre axudas para libros e material para o próximo curso
Instrución 2/2026 da DX
Información sobre revisións e reclamacións finais para alumnado de:
- Educación Infantil
- Educación Primaria
- Educación Secundaria
- Bacharelato
Admision e matricula en titulacions con limite de prazas
Deixamos aquí a normativa publicada pola CIUG para a PREINSCRICIÓNE MATRÍCULA EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA para este curso 2025-26.
Prazo de solicitude:
-
O Prazo para formalizar a Solicitude na Convocatoria Ordinaria vai do 13 ao 26 de xuño (ata as 14:00 horas).
-
O Prazo para formalizar a solicitude da Convocatoria Extraordinaria vai do 17 ao 21 de xullo (ata as 14:00 horas).
Toda a información completa atópase na páxina web oficial da CIUG.
Acceder á información
Becas MEC 2026 - 2027
Informámosvos do comezo do prazo para solicitar as Bolsas de carácter xeral para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación.
Prazo de solicitude:
Do 7 de abril de 2026 ás 08:00 h ata o 18 de maio de 2026 ás 15:00 h
Toda a información completa atópase na páxina web oficial do Ministerio de Educación.
Acceder á información das becas
Probas de Acceso á Universidade (PAU)
Toda a información sobre as probas de acceso á universidade está dispoñible na seguinte páxina oficial.
Consultar información da PAU
